Douscentos nadadores cruzarán o litoral de Raxó na II Travesía a Nado

Poio
03 de agosto 2017

Tras o éxito da anterior edición, Raxó repite como sede da II Travesía a Nado, unha proba popular que reunirá este domingo 6 de agosto douscentos nadadores, que percorrerán por mar o litoral da parroquia

Presentación da II Travesía a Nado de Raxó
Presentación da II Travesía a Nado de Raxó / PontevedraViva

Tras o éxito da anterior edición, Raxó repite como sede da II Travesía a Nado, unha proba popular que reunirá este domingo 6 de agosto douscentos nadadores, que percorrerán por mar o litoral da parroquia.

A proba, organizada polo Club Tríatlon Poio, comezará ás once da mañá coa proba absoluta, na que están inscritos 147 nadadores. Partirá da praia de Xiorto e, seguindo toda a costa, chegará ata As Sinás e regresará ao areal. En total, serán 2.000 metros de percorrido a nado.

Na travesía tamén participarán 25 nadadores de categoría cadete e 27 de categoría alevín. Estes últimos percorrerán 150 metros a nado e os cadetes nadarán 500 metros.

Todos os percorridos desta proba estarán debidamente balizados. Haberá, ademais, aparcadoiros habilitados para acceder a Raxó.

A concelleira de Deportes, Marga Caldas, lembrou a "importante" acollida que esta travesía a nado tivo o pasado ano, unha proba que causou un "forte impacto económico" en Raxó ao atraer a un milleiro de persoas, entre público e participantes.

Pola súa banda, os representantes da organización, Carlos Sánchez e Anxo Agís, destacaron a espectacularidade desta travesía a nado que, debido ao percorrido elixido, poderá ser contemplada desde calquera punto da baía de Raxó

Ambos agradeceron a "implicación" de todo o sector hostaleiro da parroquia, que colabora "de forma activa" nesta proba deportiva.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora