Continúan os movementos nas filas do Club Cisne Balonmán con dúas novas renovacións.
Trátase dos dous canteiráns Diego López e Martín Santos.
O primeiro deles, extremo dereito, empezou a xogar no equipo cisneísta en categoría benxamín até chegar ao sénior, onde se asentou grazas ao seu "traballo, compromiso e sacrificio".
No caso do extremo esquerdo Martín Santos, sempre soñou "con xogar cos maiores", algo que, segundo o club, conseguiuno coa súa "entrega, talento e esforzo".
Os dous canteiráns súmanse a un persoal na que estarán os recentemente fichados Yago López, Álex López, o portugués João Ferreira e o brasileiro Guilherme Linhares, e os renovados Abián Rodríguez, Roney Franzini e Iván Calvo.
No club non continuarán nin o xogador Carlos Morales nin o o preparador e readaptador físico Javier Carballo.