Miguel Ángel Duque xa está en Vilagarcía. Procedente do fútbol australiano, o xogador coruñés aterra na Lomba para apontoar o ataque do Arosa e "completar o quebracabezas" con 21 futbolistas.
Formado no CD Lugo, xogou en División de Honra co equipo xuvenil e na Polvorín de Preferente anotando 16 goles. Fichou polo Somozas en Terceira, onde estivo ás ordes de Míchel Alonso, que llo levou a Segunda B ao Rápido de Bouzas á tempada seguinte. O seguinte ano foise ao Bergantiños de Terceira, onde estivo dúas tempadas e logrou o ascenso a Segunda RFEF, despois pasou polo CD Barco e hai dúas tempadas xogou no Palencia Cristo Atlético, de Segunda RFEF.
Hai un ano sufriu unha lesión de ligamento cruzado na súa perna dereita e non puido xogar co Villalbés, pero unha vez recuperado foise a Australia para disputar o últimos tres meses e recuperar sensacións e ritmo de competición.
Na súa presentación, celebrada este venres na Lomba, Duque destacou que a súa etapa no estranjero serviu para "crecer moito" e espera iso "axúdeme á hora de xogar no campo".
O Arosa "merece estar nunha categoría superior e que confíen na miña di moito. Estou moi contento, despois de vir de Australia era a primeira opción", sinalou o xogador.
En relación ao que espera desta tempada, o atacante desexa "celebrar moitas cousas xuntos e marcar goles. Non creo ter presión, non debería xogar con presión e menos nun lugar como este. É un campo grande e polas miñas condicións de xogo, vai beneficiar. Non vexo a parte negativa", admitiu.
Segundo indicou o adestrador Míchel Alonso, Duque estará dispoñible para o partido deste domingo na Lomba contra o Noia CF (17:00 horas).