O Poio Pescamar segue sen dar coa tecla para regresar aos postos de play- off tras caer goleado contra o líder invicto, Futsi Navalcarnero, na Seca por 2-6.
Tívose que empregar moi a fondo Caridad na portería local para impedir o gol madrileño, que non tardou en chegar. Aínda que puido o Poio Pescamar adiantarse aos cinco de xogo cunha boa xogada de Jane con Belén á saída dunha falta de xogo, un minuto despois era o Futsi o que se adiantaba por mediación de Ari de disparo cruzado.
Tentaron reaccionar as vermellas, pero as visitantes ampliaban a renda cun contragolpe que finalizou Becha respondendo a unha nova ocasión de Jane para o Poio.
Co 0-2 comezou o segundo acto e as conserveiras reaccionaban. Primeiro Ana Rivera poñía en apertos a Marta Balbuena e acto seguido, Dupuy cortou un pase na presión alta e superou á gardameta para reducir distancias.
Pero cando o Poio Pescamar metíase de cheo no partido, dous goles consecutivos, primeiro de Laura Córdoba cun disparo desde a banda dereita e logo a súa irmá, Irene, cun remate que tras tocar no traveseiro introduciuse na portería local, prmitieron ao Futsi encarrilar o choque.
A 8 minutos do final, Manu Cossío optou polo xogo de cinco con Ana Rivera e cun centro chute de Luci á interior da área valía para facer o segundo gol local.
Con todo, o Navalcarnero foi o que pechou o partido con dous goles máis, primeiro de Ame Romero a pase de Ari e logo de Anita Luján a porta baleira tras un roubo.
POIO PESCAMAR (2): Caridad; Irene García, Luci, Ana Rivera e Dani Sousa (cinco inicial). Tamén xogaron, Chiesa, Dupuy, Jane e Lucía Paz (segunda porteira).
ATLÉTICO NAVALCANERO (6): Belén; Ame Romero, Ari, María Sanz e Irene Córdoba (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ju Delgado, Anita Luján, Lora, Laura Córdoba, Becha Marta Balbuena (segunda porteira).
Goles: 0-1, min. 6 Ari. 0-2, min. 12 Becha. 1-2, min. 27 Dupuy. 1-3, min. 28 Laura Córdoba. 1-4, min. 29 Irene Córdoba. 2-4, min. 33 Luci. 2-5, min. 39 Ame Romero. 2-6, min. 40 Anita Luján.
Incidencias: A Seca. Colexiados, Amor Vizoso e Darriba Villamor. Amoestaron con cartolina amarela María Sanz e Ju Delgado no Futsi At. Navalcarnero e Luci no Poio Pescamar.