Echávarri e Pacheco avanzan á fase final do Mundial na décima posición

Pontevedra
07 de agosto 2018

Pola súa banda Támara Echegoyen, que estreaba compañeira na clase 49er FX no Campionato do Mundo de Vela que se está celebrando en Dinamarca, pechou a fase clasificatoria no posto 24

Fernando Echávarri e Tara Pacheco, no Mundial de Aarhus
Fernando Echávarri e Tara Pacheco, no Mundial de Aarhus

O pontevedrés Fernando  Echávarri e a canaria Tara Pacheco continúan coas opcións intactas de lograr unha praza olímpica para España no Campionato do Mundo de Vela que se está celebrando en Aarhus, Dinamarca.

Echávarri e Pacheco terminaron este martes na décima posición a fase clasificatoria no  Nacra 17.

Con sete probas completadas, suman 46 puntos netos e están a vinte de acceder ao podio, pero teñen máis preto o Top-8 que daría praza de país para Tokyo 2020.

O xoves comezarán as series finais para esta clase.

TÁMARA ECHEGOYEN, NO POSTO 23

Non lle foron tan ben as cousas a Támara Echegoyen na súa volta á vela olímpica, nunha competición na que ademais estreaba compañeira dentro do 49er FX.

A regatista pontevedresa, xunto á mallorquina Paula Barceló, pechou a primeira fase do Mundial no posto 23 da clasificación.