Támara Echegoyen pecha a súa participación no Mundial de vela no vixesimoterceiro posto

Pontevedra
09 de agosto 2018

A regatista pontevedresa non se puido achegar aos primeiros postos no Mundial de Aarhus (Dinamarca) no seu regreso á vela olímpica xunto á balear Paula Barceló. Fernando Echávarri e Tara Pacheco, con opcións de entrar na Medal Race na clase Nacra 17

Támara Echegoyen e Paula Barceló, no Mundial de vela en Aarhus
Támara Echegoyen e Paula Barceló, no Mundial de vela en Aarhus

O Campionato do Mundo de Vela chegou ao seu fin este xoves para Támara Echegoyen, que regresaba en Aarhus (Dinamarca) á vela olímpica estreado equipo coa balear Paula Barceló.

A regatista pontevedresa e a súa compañeira finalizaron no posto 23 da xeral da clase 49 erFX, mantendo un rendimento similar ao longo da competición mundialista.

Aínda que estiveron lonxe dos primeiros postos, contan aínda con moita marxe de mellora no seu obxectivo de chegar aos Xogos Olímpicos de Tokyo en 2020.

O que aínda segue en competición e con opcións de meterse na Medal Race é Fernando Echávarri no Nacra 17, clase na que compite xunto á canaria Tara Pacheco.

Despois do primeiro día de competición nas series finais ocupan o posto 13 da clasificación xeral, a falta das tres mangas previstas do venres que decidirán os equipos que pasarán á loita polas medallas. A meta de Echávarri e Pacheco pasa por asegurar a clasificación de España para Tokio 2020, o que supoñería quedar entre as oito mellores nacións ao termo do Mundial.