Edu Sousa pasa de posibles primas: "No creo que cualquier regalo valga más que conseguir la permanencia"

Pontevedra
04 de maio 2018

O gardameta e capitán do Pontevedra asegura que o equipo está preparado para o importante duelo do domingo (18:00 horas) ante o Unión Adarve en Pasarón e móstrase confiado na resposta da afección para que lles axude a lograr a salvación

Edu Sousa, nun adestramento do Pontevedra en Pasarón
Edu Sousa, nun adestramento do Pontevedra en Pasarón / Mónica Patxot

Virá o Unión Adarve incentivado a Pontevedra por posibles primas de rivais? Máis aló desta posibilidade e de que o cadro madrileño estea a xogarse a súa presenza a próxima tempada na Copa do Rei, o plantel granate deixa este aspecto do fútbol nun segundo plano.

"No creo que cualquier regalo valga más que conseguir la permanencia en la categoría", verbaliza Edu Sousa, capitán do Pontevedra antes do transcendental duelo do próximo domingo (18:00 horas) en Pasarón ante o cadro madrileño.

O equipo móstrase convencido de dar un paso de xigante, quen sabe se definitivo, cara á salvación para non deixar todo para a última xornada, pero "primero hay que hacer los deberes aquí nosotros", avisa o gardameta granate, antes de mirar ao que pase noutros campos.

Edu Sousa: "Todos los partidos que se juegan en Pasarón tienen algo de especial, valgan un play-off, un ascenso o tres puntos"

Clave pode ser tamén o papel que desempeñe a afección, e aquí Edu está convencido de que Pasarón dará o máximo con eles. "Sé la importancia que le da la gente de Pontevedra y alrededores a partidos de este tipo", sinala seguro de que o coliseo pontevedrés rexistrará unha gran entrada.

A ocasión meréceo por todo o que hai en xogo, pero para o porteiro granate "todos los partidos que se juegan en Pasarón tienen algo de especial, valgan un play-off, un ascenso o tres puntos. Yo me acuerdo del día de mi debut aquí, un partido valía tres puntos contra el Bertamiráns y lo tengo muy marcado, me acuerdo de partidos como el Mensajero, me acuerdo de partidos como el Arandina, que nos clasificaba para el play-off y espero acordarme del del domingo positivamente"

DARÍO E ANXO, DÚBIDA ATA ÚLTIMA HORA

A actualidade do equipo segue virando en torno ao estado dos futbolistas tocados, especialmente no caso de Darío Flores. O central uruguaio non adestrou co resto dos seus compañeiros este venres no céspede de Pasarón, pero no club seguen sen descartarlle e aseguran que realizará unha proba entre o sábado e o propio domingo, de ser necesario, para saber se pode estar dispoñible e dispostos a forzar a máquina ante a importancia do choque.

Tampouco se exercitou a pleno rendemento Anxo, aínda que o gardameta ten previsto facelo este sábado e apunta á convocatoria ao atoparse mellor dos seus problemas de costas. O que non estará seguro, ademais dos sancionados Álex González e Nacho, será Prosi, a pesar de que a resonancia magnética á que foi sometido esta semana non revelou ningunha lesión.