O Pontevedra Club de Fútbol xa concoce o nome do seu rival para a segunda rolda da Copa do Rei.
Os granates só podían cruzarse con 10 posibles rivais, todos eles de Segunda División, debido ao criterio de proximidade xeográfica establecido e ao emparellarse os clubs de Primeira con equipos de inferior categoría.
No caso do Pontevedra, será finalmente a SD Eibar o equipo que visite o Estadio Municipal de Pasarón, segundo deparou o sorteo celebrado este martes na sede da Real Federación Española de Fútbol.
Este encontro, a falta de horario definitivo, disputarase o martes 2, mércores 3 ou xoves 4 de decembro.
Será a novena vez que Pontevedra e Eibar vexan as caras en competición nacional, algo que non sucede desde que coincidisen no mesmo grupo de Segunda B na tempada 09-10.
Ningún deses enfrontamentos produciuse en Copa.
O balance total de enfrontamentos é de 3 triunfos granates, 1 empate e 4 derrotas.
O Pontevedra chega a esta rolda de Copa do Rei tras ter superado no seu primeiro cruzamento por penaltis á UD Ourense de Segunda RFEF, mentres que o conxunto vasco venceu tamén a domicilio o Náxara.