El Cisne refuerza su plantilla con el regreso de Pablo Domínguez

Pontevedra
11 de decembro 2015

O extremo pontevedrés regresa á que foi a súa casa durante oito tempadas tras dous anos afastado das canchas. Faino coa idea de achegar o seu gran de area na loita pola permanencia na División de Honra Prata. Os de Edín Covelo afrontan este sábado unha partido clave ante o Nava

Pablo Domínguez nun partido co Cisne
Pablo Domínguez nun partido co Cisne / Diego Torrado

Antes de afrontar unha partido clave na loita pola permanencia, coa visita do Balonmano Nava ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva, o Cisne anunciou unha incorporación para reforzar o seu plantel ata final de tempada.

Trátase dun vello coñecido como Pablo Domínguez, que regresa á que foi a súa casa durante oito anos e tras dúas tempadas afastado das canchas por motivos laborais.

Aos seus 33 anos o extremo chega para "achegar o meu gran de area para conseguir o obxectivo de sumar canto antes". 

"Quizais estou un pouco oxidado tras tanto tempo sen xogar, pero conservo a ilusión do primeiro día. O posto de extremo está máis que cuberto con Pablo e Javier, polo que tratarei de axudar en defensa o mellor que poida" explicou.

Este sábado (18:00 horas) o Cisne recibe a un rival directo pola permanencia no que é unha auténtica final para os de Edín Covelo, que son últimos na clasificación a dous puntos do seu próximo rival.