El Intermedio de La Sexta acórdase de Roelio: "La mascota del Pontevedra y de nuestros corazones"

Pontevedra
10 de abril 2020

A mascota do Pontevedra Club de Fútbol volveu a ter presenza nun programa da televisión nacional, esta vez en El Intermedio, o espazo de prime time de La Sexta conducido polo Gran Wyoming

Referencia a Roelio no programa El Intermedio de La Sexta
Referencia a Roelio no programa El Intermedio de La Sexta / La Sexta

A mascota do Pontevedra Club de Fútbol, Roelio, volveu a ter presenza na televisión nacional, esta vez no programa El Intermedio de La Sexta.

Foi unha aparición breve, pero que se une outras anteriores demostrando o tirón que segue tendo o símbolo granate.

Nesta ocasión, durante o programa deste xoves 9 de abril, o espazo conducido en horario de prime time polo Gran Wyoming fixo referencia a Roelio dentro dunha conversación sobre o cantante vigués Tony Lomba.

O caso é que o colaborador do programa, Dani Mateo, fixo referencia a un vídeo anterior do cantante no seu balcón, animando o confinamento, no que non o identificaron, sinalado que Lomba é toda unha referencia a nivel galego, "un símbolo a la altura de la empanada de zumburiñas, el Albariño o Roelio, la mascota del Pontevedra y también de nuestros corazones".

A referencia segue cunha entrevista co artista, todo iso a partir do minuto 34 do programa, que se pode volver ver a través da plataforma atresplayer.com.

Hai dous anos, durante a primeira metade de 2018, Roelio converteuse en protagonista recorrente do programa La Resistencia da canle #0, en Movistar+, un espazo televisivo de humor encabezado por David Broncano, que primero cebouse con el e logo chegou a felicitalo en directo á mascota granate tras a consecución esa tempada do título de Copa Federación.