Eliminación de Jéssica Bouzas na previa do WTA 1.000 de Roma

O Salnés
06 de maio 2024

A tenista arousá foi derrotada este luns en Roma pola letona Darja Semenistaja nun encontro no que chegou a gozar de varias bólas de partido

Jéssca Bouzas, nun partido en Roma no ano 2023
Jéssca Bouzas, nun partido en Roma no ano 2023 / RFET

Jéssica Bouzas non puido repetir en Roma a experiencia sumada recentemente no WTA 1.000 de Madrid.

A tenista arousá caeu este luns na primeira rolda da fase previa do torneo romano, tamén de categoría WTA 1.000, tras verse superada en tres mangas (4-6, 6-0, 7-5) pola letona Darja Semenistaja, número 122 do rámking mundial.

Bouzas chegou a gozar de varias bólas de partido no set decisivo, pero non logrou definir o choque e terminou perdendo o partido.

Seu foi o primeiro parcial por 6-4, respondendo a súa rival cun 'rosco' no segundo set. A pesar dese golpe, Jéssica refíxose chegando a dominar no desempate por 3-5, pero non aproveitou a súa oportunidade e Semenistaja deulle a volta ao choque.

Tras o WTA 1.000 de Roma no horizonte de Jéssica Bouzas aparece xa o segundo Grand Slam da tempada e o primeiro ao que entrará por ranking directamente ao cadro final, Roland Garros.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora