Empata o Arosa, importante triunfo do Céltiga e contundentes derrotas de Villalonga e Ribadumia

O Salnés
03 de decembro 2017

Repartición de puntos na Lomba que non deixa totalmente satisfeito nin a Arosa nin a Alondras, situados agora na zona tépeda da táboa. Valioso triunfo do Céltiga no Salvador Otero sobre o pechacancelas Noia, que serve aos insulares para poñer distancia sobre os postos de descenso e contundentes derrotas de Ribadumia en Vilalba e Villalonga en Areas, especialmente dolorosa esta última, xa que sitúa aos de San Pedro nunha delicada situación

Jorge Otero, adestrador do Arosa, nun partido na Lomba nesta tempada
Jorge Otero, adestrador do Arosa, nun partido na Lomba nesta tempada / Diego Torrado

Repartición de puntos na Lomba que non deixa totalmente satisfeito nin a Arosa nin a Alondras, situados agora na zona tépeda da táboa. Valioso triunfo do  Céltiga no Salvador Otero sobre o pechacancelas Noia, que serve aos insulares para poñer distancia sobre os postos de descenso e contundentes derrotas de Ribadumia en Vilalba e Villalonga en Areas, especialmente dolorosa esta última, xa que sitúa aos de San Pedro nunha delicada situación.

En Vilagarcía o Arosa non acaba de atopar a regularidade que necesita para escalar posicións. Nesta ocasión recibía a un rival directo como o Alondras, pero non puido pasar do empate, tras unha primeira parte disputada, cunha ocasión por bando, a de Seva para os locais e de Mauro para o conxunto do Morrazo.

Na segunda parte chegarían os goles. Aos 53 minutos adiantábanse os de Jorge Otero, cun gol de Seva, pero apenas cinco minutos máis tarde Mauro empataba para o Alondras ao transformar un penalti.

Os arlequinados quedan así en metade da táboa, a sete puntos dos postos de play- off.

Consulta o acta do partido Arosa-Alondras nesta ligazón.

Non desaproveitou o Céltiga a visita do pechacancelas Noia ao Salvador Otero para cortar a súa xeira de tres derrotas consecutivas,sumando tres valiosos puntos que lle serven para poñer distancia cos postos de descenso.

Nun partido marcado polos nervios e a importancia dos puntos, un solitario gol de Manu, á media hora de xogo, inclinou a balanza en favor do equipo local.

Consulta o acta do partido Céltiga-Noia nesta ligazón.

Nove xornadas suma xa o Racing Villalbés sen coñecer a derrota. Nesta ocasión desfíxose con facilidade dun Ribadumia que non foi rival para os da Magdalena.

Os locais sitúanse así na quinta posición, a un só punto das prazas de play- off, mentres o Ribadumia mantense na zona tranquila.

Javi Varela, Make e Jose Varela foron os autores dos goles do cadro lucense, que se foi ao descanso con vantaxe mínima, para sentenciar na segunda metade.

Consulta o acta do partido Racing Villalbés-Ribadumia nesta ligazón.

Nada menos que dez xornadas levaba a Cultural Areas sen coñecer a vitoria. Rompeu esa xeira no momento máis oportuno e fíxoo goleando a un rival directo pola permanencia como o Villalonga, que se mete en problemas, acumulando pola súa banda a súa sexta derrota consecutiva, o que lle leva a empatar a puntos cos postos de descenso.

Os locais inauguraban pronto o marcador, cun gol de Yelco Alfaya aos 9 minutos de partido, para sentenciar na segunda parte. Yanis facía o segundo aos 53 minutos e o mesmo Yanis ampliaba a conta once minutos máis tarde, para que Bruninho redondease o resultado a dez minutos do final.

Consulta o acta do partido Cultural Areas-Villalonga nesta ligazón.