O Arosa denuncia a desaparición dun talonario da súa lotería de Nadal

O Salnés
07 de decembro 2017

O club presentou unha denuncia na comisaría da Policía Nacional alertando do extravío, polo que os boletos no caso de resultar premiados non darán lugar a cobro

Partido entre Arosa e Choco na Lomba
Partido entre Arosa e Choco na Lomba / Diego Torrado

Algúns dos boletos de lotería de Nadal do próximo 22 de decembro que vendeu o Arosa SC non serán válidos.

Será así porque o club de Vilagarcía denunciou a desaparición do talonario número 28, "extraviado ou roubado" ao seu posuidor orixinal, un dos adestrados da base, asegura a entidade.

Desta forma, ao presentar unha denuncia formal na comisaría da Policía Nacional, as participacións numeradas desde o número 0676 ao 0700 foron anuladas, polo que non darán lugar a cobro no caso de que número 59.464, que é o que xoga o Arosa SC, resultase agraciado no sorteo.

O club asegura esperar "un período prudencial" para ver se o talonario aparecía antes de proceder coa denuncia e de notificar a situación á entidade bancaria na que se atopan depositados os décimos.