Non saca proveito o Arosa dun Ourense en horas baixas (1-1)

O Salnés
06 de xaneiro 2018

Non aproveitou o Arosa a súa visita ao Couto para conseguir os tres puntos e achegarse á cabeza no primeiro partido do ano, fronte a un Ourense en horas baixas que acumula seis xornadas sen vencer e non gaña no seu campo desde o 22 de outubro

Partido entre Ourense CF e Arosa SC no Couto
Partido entre Ourense CF e Arosa SC no Couto

Non aproveitou o Arosa a súa visita ao Couto para conseguir os tres puntos e achegarse á cabeza no primeiro partido do ano, fronte a un Ourense en horas baixas que acumula seis xornadas sen vencer e non gaña no seu campo desde o 22 de outubro.

Seis son tamén as xornadas que o Arosa leva sen coñecer a derrota, pero con unicamente dúas vitorias e catro empates, o que impide aos de Jorge Otero recortar distancias cos postos de play-off, sempre preto, pero polo momento inalcanzables para o conxunto arlequinado.

O partido comezou ben para os visitantes cando Sidibé adiantaba aos arosistas aos 17 minutos, pero pouco durou a alegría visitante, xa que só dous minutos máis tarde Óscar Fondevila conseguía o empate para o conxunto local.

A pesar de que ambos os equipos tiveron numerosas ocasións para desnivelar a balanza, especialmente na segunda parte, o marcador xa non se movería e a repartición de puntos deixou insatisfeitos a ambos, a pesar de facer xustiza ao visto no terreo ourensán.

Consulta o acta do partido Ourense CF-Arosa SC nesta ligazón.