En inferioridade o ÿrdenes golea (4-0) a un Arosa irrecoñecible

O Salnés
02 de marzo 2015

Un Arosa irrecoñecible caeu con estrépito en Vista Alegre fronte a un ÿrdenes que xogou case unha hora en inferioridade numérica pola temperá expulsión da súa defensa Cea, e que presenta as súas credenciais como serio candidato ás prazas de play-off de ascenso

Un momento do partido entre Barbadás e Arosa en Os Carrís
Un momento do partido entre Barbadás e Arosa en Os Carrís / UDC Barbadás

Un Arosa irrecoñecible caeu con estrépito en Vista Alegre fronte a un ÿrdenes que xogou case unha hora en inferioridade numérica pola temperá expulsión da súa defensa Cea, e que presenta as súas credenciais como serio candidato ás prazas de play-off de ascenso.

Os de Nacho Pacios saíron convencidos das súas posibilidades, cun fútbol vertical e agresivo que nunca foi capaz de contrarrestar o equipo adestrado por Piscis.

As opcións locais víronse comprometidas cando Cea vía a segunda amarela pouco despois da media hora, pero nin así reaccionou o Arosa, que encaixaba o primeiro gol antes do descanso, obra de Nacho, ao aproveitar un rexeitamento.

Logo, ao pouco de continuarse o partido tras o descanso, Álex Blanco facía o segundo nun penalti para sentenciar apenas uns minutos máis tarde por medio de Julián.

Co Arosa entregado á súa sorte, Nacho pechaba a dolorosa goleada que permite ao ÿrdenes meter a cabeza entre os catro primeiros, desprazando o Arosa desa posición.

ÿRDENES SD (4): Dani; Callón (Rendo, min. 89), Cabrejo, Jesús Torres, David Rey, Cea, Nacho, Julián, Álex Blanco (Álvaro, min. 50), Ángel e Souto (Martín, min. 87).

AROSA SC (0): Lucas; Santi, Álex Freire, Martín, Juan Rodríguez (Nando, min. 54), Rivas (Nano, min. 82), Eloy (Pablo, min. 62), Esteban Capelo, Quique Cubas, Adrián Camiño e Yago Pérez.

Árbitro: José Antonio Fernandez Rodríguez (Ourense), auxiliado nas bandas por José Daniel Rodicio González e Juan Francisco Queija Domínguez. Expulsou por dobre amoestación o xogador local Cea (minuto 35). Amoestou os visitantes Quique Cubas, Álex Freire, Nando, Martín e Nano.

Goles: (1-0) Minuto 42: Nacho. (2-0) Minuto 50: Álex Blanco, de penalti. (3-0) Minuto 54: Julián. (4-0) Minuto 73: Nacho.

Incidencias: Campo Municipal de Vista Alegre (Ordes). Uns 300 espectadores.