Entrada gratuíta para gozar en Pontevedra do mellor karate nacional

Pontevedra
26 de marzo 2026
Actualizado: 14:09

Pontevedra acollerá os días 27, 28 e 29 de marzo o Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate, no que participarán máis de 600 deportistas, entre eles campións de Europa e do mundo

Presentación do Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate
Presentación do Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate / Antía Quinteiro García

O Pavillón Municipal de Pontevedra volverá converterse no epicentro nacional das artes marciais coa celebración do Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate.

O evento reunirá na cidade a máis de 600 deportistas, que contribuirán a "poñer Pontevedra no mapa como destino, xerando un dinamismo turístico e económico moi potente", tal e como destacou a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, durante a presentación.

Presentación do Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate
Presentación do Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate

No acto tamén participou o presidente da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente, quen explicou que deses 600 participantes, 25 representarán a Galicia sobre o tatami. Entre eles, sinalou a Ruth Lorenzo e Eva Rodríguez como algunhas das principais opcións de podio.

A competición, explicou Lafuente, arrincará este venres 27 de marzo ás 15:00 horas e prolongarase até as 21:15, momento no que se celebrará a primeira entrega de medallas.

O sábado, en horario de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 horas, será a quenda das probas de kata individual e para-karate. As finais comezarán ás 19:00 e a xornada concluirá coa entrega de galardóns a partir das 21:00.

O domingo disputaranse as finais por equipos desde as 9:00 horas, coa cerimonia final está prevista para as 13:45.

A entrada será gratuíta durante toda a fin de semana.

Á presentación tamén acudiu o presidente da Real Federación Española de Karate, Antonio Moreno, quen asegurou que estarán los mejores karatecas del país, tanto en Karate como en paraKarate, incluyendo campeones de Europa y del mundo".

Pola súa banda, a directora territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Blanca García, subliñou que este campionato "sitúa a Galicia en el epicentro del deporte nacional" e destacou que "Pontevedra se consolida como corazón de las artes marciales" tras acoller, desde 2021, un total de sete eventos nacionais desta disciplina.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora