"Ven a despedir a tempada con nós", pide o Pontevedra Club de Fútbol para a última xornada do campionato, a que lle enfrontará ao Real Ávila este domingo 4 de maio no Estadio Municipal de Pasarón.
Será un duelo con horario unificado, polo que se disputará ás 12.00 horas da mañá.
De cara ao mesmo o club granate decidiu apostar por prezos populares para convidar os seus afeccionados a unha última celebración polo ascenso.
Deste xeito as entradas para o público terá un prezo único de 5 euros para todas as bancadas, con acceso de balde para os menores de 6 anos.
ENTRADAS | Xa á venda as entradas para o último partido da tempada en Pasarón‼️♥️
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) April 29, 2025
🏆 2ªRFEF | Xornada 34
Entrada única 👉 5€
Ven a despedir a tempada con nós 🏟️#PasarónÉDePrimeira ♥️ pic.twitter.com/elUZNbslod
Co ascenso xa asegurado, o Pontevedra buscará despedir a tempada con bo sabor de boca, ante un rival que, aínda que xa se clasificou para o play-off de ascenso, loitará por acabar na terceira posición, xa que aínda pode ser terceiro, cuarto ou quinto.
O Real Ávila chegará ademais a Pasarón de man da súa flamante e coñecido novo adestrador, o ex gardameta Víctor Valdés.