O Pontevedra Club de Fútbol ten por diante cinco finais ata o final de liga en plena loita polo play-off, tres delas nun Estadio Municipal de Pasarón que espera apoie de maneira unánime o equipo.
Para iso, e empezando polo duelo que medirá os granates este sábado 25 de abril (16.15 horas) co Celta Fortuna, a entidade pontevedresa habilitou unha promoción destinada aos seus abonados.
Ademais de contar co acceso incluído no seu abono, os socios poderán retirar unha entrada extra para un acompañante na súa mesma bancada por só 1 euro.
Trátase dunha promoción limitada unicamente ata completar a capacidade de cada bancada, podendo adquirir os billetes online ou nas oficinas do estadio.
As entradas a 1 euros non estarán dispoñibles en despacho de billetes.
🎟️ 𝑫𝑬𝑹𝑩𝑰 𝑫𝑬 𝑷𝑶𝑵𝑻𝑬𝑽𝑬𝑫𝑹𝑨
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) April 20, 2026
Chega o derbi a Pontevedra, chega o momento de facer de Pasarón un inferno granate 🔥♥️
👉 Cada abonado pode retirar unha entrada por 1€ na súa mesma bancada ATA COMPLETAR AFORO
👉 Promoción válida soamente online e en oficinas pic.twitter.com/VwuLdbCb2a
En canto ao resto de prezos para o público xeral, mantéñense os habituais durante gran parte da tempada.
Desta forma as entradas de Tribuna terán un custo de 25 euros, en Preferencia de 20 euros e nos fondos de 15 euros.
Pola súa banda a categoría xuvenil, entre os 6 e o 17 anos, deberán pagar 15 euros independentemente da bancada escollida.