Gran ambiente o vivido na piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños no arranque do Campionato Galego de Natación de verán.
O club anfitrión, o Natación Galaico, domina desde a primeira xornada a clasificación por equipos na categoría absoluta, na junior e na infantil.
Na absoluta grazas ao bo papel sobre todo do seu equipo feminino avantaxa en case 60 puntos ao segundo clasificado, o Club del Mar, mentres o CN Liceo é terceiro. Na competición junior, moito máis apertada, os pontevedreses dominan tras a primeira xornada con 152 puntos, polos 143 puntos do Liceo e os 114,5 do Club del Mar. Por último na clasificación da categoría infantil o mellor no inicio da competición foi tamén o Galaico pero cun só punto de vantaxe sobre o Portamiña de Lugo e o Club del Mar.
Durante as primeiras probas púidose ver ademais un record galego, o conseguido por Gaspar Andrade (CN Arzúa) no 1.500 libre cun tempo de 15:39.39.
O Campionato Galego de Natación prolongarase ata o vindeiro domingo con xornadas dobres, repartidas na quenda matinal de elimintaorias e as finais en horario de tarde.