A Sociedad Gimnástica mira xa cara á nova tempada atlética, na que volverá competir cos seus equipos na División de Honra Masculina e Primeira División Feminina da Liga Nacional de Clubs.
Neste segundo caso, co seu conxunto feminino, a entidade pontevedresa vén de confirmar novas incorporacións coas que refozar o seu plantel tras a importante saída de Antía Chamosa.
Tampouco seguirá a saltadora de altura e vallista Aloia Vilas, pero no lugar de ambas as dúas chegan caras novas.
Desde o Vila de Cangas chega Gema Dacosta Magdaleno, especialista en lanzamento de peso e disco.
A velocidade refórzase pola súa banda con Lara López Fernández (Club Atletismo Feminino Celta), e Laura Freire Viñas (Club Ourense Atletismo).
Tamén chegan pezas aos valos con Sandra González San Martín (Atletismo Marathon) e co retorno ao club de Lía Caride Arufe (Grupempleo Pamplona), récord galego absoluto nos 400 valos con 59.19 como mellor marca.
Por último nas probas combinadas chega ao equipo ximnástico Lucía Sánchez Martínez (Club Aletismo Feminino Celta).