"Es una semana que todo el mundo quiere que pase rápido y llegue el domingo"

Pontevedra
09 de maio 2018

O persoal do Pontevedra esquécese da decepción sufrida o pasado domingo e pensa xa na última xornada de liga, na que xogará o todo polo todo pola permanencia. Kevin por sanción e Prosi están descartados, mentres que Darío Flores ten moi difícil chegar a tempo para entrar na convocatoria

Luismi, no partido entre Pontevedra e Unión Adarve en Pasarón
Luismi, no partido entre Pontevedra e Unión Adarve en Pasarón / Diego Torrado

O Pontevedra Club de Fútbol, despois da xornada de descanso habitual dos martes, prepara xa a pleno rendemento a última xornada de liga, na que se xogará as súas opcións permanencia visitando ao Atlético de Madrid B. Faino sen botar a vista atrás, a pesar do pau que supuxo non poder lograr o obxectivo vencendo en Pasarón o Unión Adarve.

"El lunes estábamos fastidiados, el martes estábamos fastidiados pero el miércoles ya no, hay que pasar página y pensar en el partido porque no nos queda otra", asegura Luismi.

O técnico, que como xogador viuse en situacións similares, recoñece que "es una semana que todo el mundo quiere que pase rápido y llegue el domingo", aínda que aposta por afrontala "con tranquilidad".

"Yo creo que ahora mismo el equipo quitando el accidente de Segovia fuera de casa está bien", engadiu con optimismo o técnico, seguro de que conseguirán vencer o domingo ao filial colchoneiro.

Luismi deberá afrontar as ausencias de Kevin Presa por sanción e de  Prosi por sanción, mentres que Darío Flores ten moi complicado chegar a tempo para entrar na convocatoria a pesar de que "ata o último día non imos saber nada", revelou o preparador granate este mércores en rolda de prensa.

No aspecto positivo os que si volven e apuntan ademais ao once titular en Madrid son Álex González e Nacho López cumpridas as súas respectivas sancións.

Por último o responsable técnico do equipo pediu un esforzo aos afeccionados para que na medida das súas posibilidades acompañen ao Pontevedra esta fin de semana. "Todos los que puedan venir y apoyar que vengan porque los vamos a necesitar", declarou ante os medios de comunicación.