Non puideron loitar polas prazas de podio pero a última xornada do Campionato de Europa de Vela na clase 49er FX, celebrado estes días na localidade autruaca de Atterse, deixou un bo sabor de boca a Támara Echegoyen e Paula Barceló no seu obxectivo de prepararse para os Xogos Olímpicos de Tokyo.
A regatista pontevedresa e a súa compañeira balear completaron unha boa xornada cun terceiro posto na segunda proba que as facía escalar ata o quinto posto da xeral.
Echegoyen e Barceló defenderon esa posición nas últimas mangas pechando unha notable remontada.
O título continental foi finalmente para as alemás Lutz e Beucke, dominadoras da competición desde a primeira xornada.