As sensacións na clasificación foran moi positivas, pero tamén se albiscaba unha grande igualdade na súa modalidade, o C-2 1.000 metros.
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo non lograron o seu obxectivo de estar no podio do Campionato de Europa Sprint de Plovdiv (Bulgaria).
Os canoístas do Piragüismo Poio Pescamar tiveron que conformarse coa sétima posición nunha apertada final cun tempo de 3:39.100, quedando a pesar desta posición a só 8 décimas do terceiro posto.
Sieiro competiu ademais na segunda xornada do Europeo nas eliminatorias do C-1 200 metros, meténdose na final do domingo tras pasar antes pola semifinal e logrando o seu mellor tempo na distancia.
Mellor foron as cousas a Elena Naveiro (Breogán do Grove) no Europeo de Paracanoe, ao concluír na quinta posición na final do L3 K-1 200 metros cun tempo de 59.080 segundos.