Esmoriz, unha experiencia internacional para o equipo infantil do Voleibol Pontevedra

Pontevedra
01 de abril 2016

O equipo pontevedrés finalizou no quinto lugar do Torneo Internacional de Esmoriz, celebrado durante a Semana Santa en Portugal

Equipo do Voleibol Pontevedra en Esmoriz
Equipo do Voleibol Pontevedra en Esmoriz / Club Voleibol Pontevedra / TIVE 16

Foron cinco días repletos de voleibol con nove partidos que supoñen unha gran experiencia no proceso de formación das xogadoras.

O equipo infantil feminino do Club Voleibol Pontevedra participou durante a Semana Santa no Torneo Internacional de Esmoriz en Portugal, onde concluíu na quinta posición.

É o quinto ano que o CVP participa neste torneo. Nesta ocasión na primeira fase perderon un único partido, ante Boavista FC, quedando na segunda praza do seu grupo e pasando á loita polo título.

Na segunda fase pola súa banda só conseguiron unha vitoria ante xogadoras que as superaban en altura e nalgúns casos tamén en idade.

Xa en casa, o obxectivo agora do equipo pontevedrés céntrase en conseguir o ascenso á Liga Galega.