Un bronce galego que sabe a ouro para o Club Voleibol Pontevedra

Pontevedra
07 de abril 2016

Loreto Núñez, xogadora do club pontevedrés, conseguiu con Galicia a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

Loreto Nuñez, Patricia Valcárcel e Antía Pérez no Campionato de España de Seleccións
Loreto Nuñez, Patricia Valcárcel e Antía Pérez no Campionato de España de Seleccións

A pontevedresa Loreto Núñez conseguiu, por segundo ano, subir ao podio do Campionato de España de Seleccións Autonómicas celebrado en Murcia.

A xogadora do Club Voleibol Pontevedra colgou a medalla de bronce con Galicia no devandito campionato na categoría cadete, despois de que a Selección Galega derrotase no último partido a Baleares por 3 sets a 1.

Tras pasar como primeiras de grupo e gañar en cuartos Estremadura, perderon en semifinais ante Canarias.

Actualmente Loreto Núñez compite coas categorías cadete, xuvenil e senior de primeira autonómica da entidade pontevedresa.

Tamén competiu no Campionato de España outra xogadora do Voleibol Pontevedra. Foi Antía Pérez en categoría infantil, aínda que unha lesión impediulle render a gran nivel. Galicia terminou oitava na categoría infantil feminina.