Loreto Núñez, unha pontevedresa camiño da elite do voleibol nacional

Pontevedra
26 de xuño 2016

A xogadora do Club Voleibol Pontevedra participará por segundo ano consecutivo coa Selección Española Cadete no Torneo Internacional 8 Nacións de Wevza

Loreto Núñez, pontevedresa convocada pola Selección Española cadete de voleibol
Loreto Núñez, pontevedresa convocada pola Selección Española cadete de voleibol / Club Voleibol Pontevedra

Por segundo ano consecutivo a pontevedresa Loreto Núñez participará coa Selección Española Sub-17 de voleibol no Torneo Internacional 8 Nacións de Wevza.

A xogadora do Club Voleibol Pontevedra segue dando pasos firmes no seu camiño cara á elite nacional deste deporte. De feito a próxima tempada deixará as filas do CVP para incorporarse á Selección Española Permanente, concentrada en Soria baixo as directrices do adestrador nacional, Pascual Saurin.

Loreto foi convocada para participar neste prestixioso torneo, que se celebrará en Portugal do 28 ao 31 de xullo. 

O pasado ano, no seu debut con España, a pontevedresa participou na competición celebrada en Valladolid, na que chegaron ata a gran final caendo no partido definitivo ante Italia.