Gratificante experiencia de Loreto Núñez coa Selección Española Sub-17 de Voleibol

Pontevedra
02 de agosto 2016

A xogadora pontevedresa gozou de moitos e importante minutos de xogo no Torneo 8 Nacións disputado en Matosinhos (Portugal), no que o equipo nacional pelexou polo bronce nun apertado encontro que caeu ao lado de Francia

Loreto Núñez (co número 5) coa Selección Española Sub-17
Loreto Núñez (co número 5) coa Selección Española Sub-17

Aos poucos Loreto Núñez, xogadora do Club Voleibol Pontevedra, vai gañando peso no equipo nacional sub-17, co que tomou parte no Torneo 8 Nacións disputado na localidade portuguesa de Matosinhos.

Loreto quedou a un paso do bronce coa Selección Española, ao caer no último partido ante Francia nun apertado encontro que se decidiu no desempate (23-25, 21-25, 25-10, 25-23, 15-12). 

A xogadora pontevedresa foi peza importante no equipo durante todo o torneo.

Precisamente ante Francia o combinado español debutou con derrota na primeira xornada, pero despois repúxose gañado a Bélxica, Holanda e Portugal para meterse nas semifinais.

As boas actuacións de Loreto Núñez co equipo nacional valéronlle para pasar a formar parte desde a próxima tempada da selección española permanente, concentrada en Soria ás ordes do adestrador nacional, Pascual Saurin.