Destacado papel de Cecilia Puga e Silvia Aguete no V Torneo Mundial de fútbol sala feminino que se está a disputar na capital de Costa Rica, San José.
España, tras gañar os seus dous primeiros partidos da competición clasificouse para semifinais e xa espera rival, que sairá do grupo composto por Brasil (xa clasificada), Xapón, Portugal e Rusia.
A selección nacional arrancou o Mundial cun claro pero traballado triunfo ante o equipo anfitrión, Costa Rica, por 0 a 4 con dous goles de Ceci.
A pivot marinense da Lazio italiana converteuse nunha xogadora indispensable para José Venancio e suma xa tres tantos tras lograr un máis no segundo encontro, nunha prácida goleada (8-0) ante Guatemala.
Ese choque, xogado na madrugada de xoves a venres, serviu ademais como debut en partido oficial de Silvia na Selección Española, nun partido no que a gardameta do Poio logrou deixar a súa meta a cero.
O V Torneo Mundial finalizará o próximo 15 de decembro coa final, que se disputará na sede única da competición, a Cidade Deportiva de Hatillo.