España xogará un amigable en Redondela previo ao Mundial Júnior de Pontevedra e Vigo

Pontevedra
11 de xullo 2019

Chile será o rival dos Hispanos Júnior o próximo 13 de xullo, poucos días antes da súa estrea no Mundial no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra

Adestramento da Selección Española Júnior de balonmán previo ao Mundial de Pontevedra
Adestramento da Selección Española Júnior de balonmán previo ao Mundial de Pontevedra / Real Federación Española de Balonmano

O Campionato do Mundo Júnior de balonmán que se disputará en Pontevedra e Vigo está ao virar a esquina.

O Pavillón Municipal dos Deportes acollerá o próximo 16 de xullo a cerimonia de inauguración e o primeiro partido da Selección Española no torneo, ante Estados Unidos (21:00 horas), pero antes os Hispanos Júnior fixaron un último test preparatorio xa en terras galegas.

O combinado nacional aterra este xoves na provincia, e anunciou un partido amigable para o sábado día 13 que se xogará en Redondela.

A partir das 19:00 horas e con entrada de balde, o equipo adestrado por Isidoro Martínez enfrontaranse a Chile, selección que participará no Grupo D (Alemaña, Islandia, Noruega, Arxentina, Dinamarca, Chile) da primeira fase mundialista, que terá a súa sede en Pontevedra do mesmo xeito que o Grupo C (Portugal, Croacia, Hungría, Brasil, Barhein, Kósovo).

Para completar os amigables previos, a Federación Galega de  Balonmán sinalou ademais que o domingo 14 (11:00 horas)  chapela acollerá ademais un partido entre Arxentina e Xapón.