Esvarón do Arosa que se afasta da cabeza ao caer (0-1) fronte ao Rácing Villalbés

O Salnés
12 de xaneiro 2015

O Arosa afástase das posicións de play-off tras caer ante o Rácing Villalbés cun gol de Make a falta de dous minutos para o final

Partido entre Arosa e As Pontes na Lomba
Partido entre Arosa e As Pontes na Lomba

Demasiados contratempos. O Arosa afástase das posicións de play-off tras caer ante o Rácing Villalbés cun gol de Make a falta de dous minutos para o final.

Os de Piscis acusaron as baixas de Esteban Capelo, debido ao falecemento dun familiar, e de Javi Pazos, enfermo. Por se fose pouco, Quique Cubas, tivo que abandonar o campo á media hora ao sufrir un golpe nun choque con Xusto. A acción aconteceu no minuto 13. Ambos os dous xogadores aguantaron sobre o terreo tratando de recuperarse, pero primeiro o central visitante e logo o dianteiro local pediron o cambio.

Co Rácing Villalbés repregado e pechando espazos, a primeira parte apenas deixou ocasións de perigo. O Arosa movía ben o balón pero perdíase ao chegar á área ante a seria defensa dos homes de ÿscar Gilzanz.

O conxunto lucense adiantou liñas na segunda parte, encerrando no seu campo un Arosa que deixaba en punta a Adrián Camiño, confiando a súa sorte a unha contra que non chegaría.

Os visitantes creaban perigo especialmente nas accións a balón parado. A entrada de Mauro Poratti foi clave. Súa foi a mellor ocasión, tras un roubo de José Varela a Rivas, con centro ao segundo pau e deixada de Millares. Poratti rematou fóra na área pequena.

Piscis deu entrada ao xuvenil Gregorio para situalo en punta, pero os locais carecían de profundidade nas súas accións, mentres os visitantes se encontraban máis cómodos a medida que avanzaba o partido e puideron marcar no minuto 74, tras un centro de Justino que non encontra rematador.

E cando xa case ninguén llo esperaba chegou o gol da xusta vitoria visitante. Foi nunha acción individual de Make que marchou en velocidade dos dous centrais arlequinados cun autopase para bater a Jorge Pérez.

AROSA SC (0): Jorge Pérez; Juanjo, Juan, Rivas, Álex Freire; Yago Pérez, Vixo; Nando, Adrián Camiño, Eloy (Gregorio, min. 70); e Quique Cubas (Pablo, min. 31).

RÁCING VILLALBÿS (1): Viuski; López, Xusto (Roberto, min. 29), Muiña, Pablo Vivero; Hugo, Make; José Varela, Justino (Javi Varela, min. 79), Millares; e Iván (Mauro Porattí, min. 61).

Árbitro: Javier González Arévalo (A Coruña), auxliado nas bandas por Adrián Barros Vidal e Pablo Miguel Patricio Blanco. Amoestou a Pablo e Rivas polos locais e a Justino, López, Viuski e José Varela polo Rácing Villalbés.

Goles: (0-1) Minuto 88: Make.

Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía de Arousa). Uns 600 espectadores.