O Arosa soubo sobrepoñerse ás baixas de dous dos seus homes clave, como Quique Cubas e Adrián Camiño, ausentes por lesión, e encontrou en Javi Pazos a clave para impoñerse ao Silva, recuperando opcións para manterse na loita polos postos de honra.
Os arlequinados plantáronse en Meicende coa firme intención de sumar os tres puntos e deixaron o partido sentenciado na primeira media hora, dominando a zona ancha e creando moito perigo por medio do mesmo Javi Pazos, ben secundado por Nando e Capelo.
Un pase de Pablo a Javi Pazos deu orixe ao primeiro gol. O dianteiro controlou entre Rebolo e César, batendo a Manu. O mesmo Javi Pazos facía o segundo sacando petróleo dunha xogada sen perigo na que premeu primeiro os centrais coruñeses e logo ao meta local, que despexou coa mala fortuna de que o balón deu nas costas do dianteiro vilagarciano e rematou entrando na portaría.
Javier Bardanca buscou solucións no descanso realizando dous cambiios, pero o seu equipo foi incapaz de xerar perigo serio e mesmo foi o Arosa quen puido incrementar a súa vantaxe, chegando ao final sen problemas, cunha xusta vitoria.
SILVA SD (0): Manu; Cardelle, Carlos Rey, Rebollo, César, Uzal, Álvaro, Migueliño (Michi, min. 46) Movilla (Marcos Suárez, min. 46), Kata e Marcos Gómez (Xoel, min. 58).
AROSA SC (0): Jorge Pérez; Juanjo, Álex Freire, Martín Barreiro, Juan Rodríguez, Pablo Rivas, Nando, Capelo (Nano, min. 89) Javi Pazos, Pablo Vázquez (Padín, min. 83) e Iago Pérez.
Árbitro: Fernando Formoso Sánchez (Ferrol), auxiliado nas bandas por Yago Veiga López e Javier Iglesias Villanueva. Amoestou Rebollo, Migueliño, Álvaro, Michi, Kata e o técnico, Javier Bardanca, polos locais, e Capelo, polo Arosa.
Goles: (0-1) Minuto 18: Javi Pazos. (0-2) Minuto 30: Javi Pazos.
Incidencias: Campo de Meicende grande (Arteixo). Uns 200 espectadores.