Eugenia Menéndez e Saúl Berdullas, campións do 14º Torneo Internacional de Tenis Cadete de Sanxenxo

Sanxenxo
04 de novembro 2021

A asturiana desfíxose en dous sets, 6-3 e 6-2, da polaca Zosia Bielus, mentres que o galego derrotou en tres sets, 7-5,1-6 e 6-2; ao seu paisano Ander Tarrío 

Entrega de trofeos da final feminina do torneo internacional de tenis cadete de Sanxenxo

A décimo cuarta edición do Torneo Internacional Cadete celebrado no Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo concluíu o pasado domingo coa disputa das finais individuais masculinas e femininas, que se pecharon con vitoria para a asturiana Eugenia Menéndez e o galego Saúl Berdullas.

Na primeira final da xornada, Menéndez foi capaz de impoñerse á polaca Zosia Bielus en dous sets por 6-3 e 6-2. Sen embago, o partido estivo marcado polos problemas físicos da xogadora polaca, que arrastraba unha molesta contractura que lle restou velocidade sobre a cancha. Aínda así, a asturiana demostrou máis valentía e ambición facendo gala dunha prometedora dereita e revés paralelo.

Ás catro da tarde disputouse a final masculina que enfrontaba a dous aspirantes galegos: Ander Tarrío e Saúl Berdullas. A final comezou cun Ander dominante, que apenas cometía erros forzados e que provocaba erros no seu rival, esta situación levo o marcador a un claro cinco a tres a favor de Tarrío, pero nese instante Saul relaxouse, empezou a fallar menos e a golpear con maior agresividade a súa dereita. Este cambio táctico excedo a Ander que acabou cedendo o primeiro set por 7-5.

O segundo set foi totalmente de Tarrío, a súa maior seguridade no fondo de pista, así como o seu acerto nos passing fixéronlle levar a segunda manga por un claro 6-1.

No comezo do terceiro set e cando o marcador sorría a Ander por dous a cero, leste comezou a sangrar polo nariz espontaneamente. O partido parouse por uns instantes mentres recibía a atención dos servizos médicos do torneo, unha situación que rompeu a concentración de Ander. Desde ese instante, Saúl fíxose dono do partido e conseguiu dominar o punto coa súa dereita e magnífico saque para facerse co terceiro e definitivo set por 6-2.