O Europeo Sprint, obxectivo da armada do piragüismo pontevedrés

Pontevedra
10 de xuño 2026

A localidade portuguesa de Montemor-o-Velho acolle desde este xoves 11 e até o domingo día 14 o Campionato de Europa de Piragüismo Sprint e Paracanoe

Antía Jácome na Copa do Mundo 2025 de Szeged
Antía Jácome na Copa do Mundo 2025 de Szeged / Federación Española de Piragüismo

Chega un dos grandes obxectivos da tempada para o piragüismo pontevedrés, e ademais non moi lonxe da casa.

A localidade portuguesa de Montemor-o-Velho acolle desde este xoves 11 e até o domingo día 14 o Campionato de Europa de Piragüismo Sprint e Paracanoe.

Alí estará unha importante representación da armada pontevedresa con obxectivos ambiciosos en diferentes probas.

Un dos primeiros en competir será Pablo Crespo (Club Fluvial de Lugo) coas eliminatorias do C1 1.000 metros fixadas xa ás 9.00 horas do xoves.

Ademais na canoa masculina estará tamén Manuel Fontán (Club Náutico O Muíño de Ribadumia) no C2 xunto a Diego Domínguez (Club Fluvial de Lugo)

Tamén se estreará o xoves Antía Jácome (Club Náutico Sevilla) no C1 200 metros, con saída ás 10.09 horas. A pontevedresa formará parte tamén da embarcación española do C4 mixto 500 metros, que disputará a final o sábado ás 16:14 horas xunto a Viktoria Yarchevska, Manuel Fontán e Diego Domínguez.

Pola súa banda no kaiak Carolina García (Club Fluvial de Lugo) formará parella con Nerea García no K2 500 metros cuxas series arrincan xa na primeira xornada a partir das 18.15 horas.

Jaime Duro (Club Fluvial de Lugo) completará a participación pontevedresa no fondo competindo o domingo na final do C1 5000 metros ás 15.10 horas.