Excesivo castigo para o Marín Futsal ante o líder Burela (1-5)

Marín
05 de novembro 2022

Excesivo castigo o recibido polo Marín Futsal no derbi galego ante o Burela na Raña. O líder impuxo o seu ritmo en todo momento e remontou o gol de Ceci para terminar goleando por un contundente e desmesurado 1-5

Partido entre Marín Futsal e Burela na Raña
Partido entre Marín Futsal e Burela na Raña

Excesivo castigo o recibido polo Marín Futsal no derbi galego ante o Burela na Raña. O líder impuxo o seu ritmo en todo momento e remontou o gol de Ceci para terminar goleando por un contundente e desmesurado 1-5.

Sen Sara Santos e Bea Mateos, así afrontou o club marinense o complicado partido ante as laranxas despois de que a primeira chegase a un acordo co Ourense Envialia para formar parte do equipo ata o final da tempada en condición de cecida e de que a segunda non estivese por motivos persoais.

Aínda así, a pesar diso, o conxunto adestrado por Ramiro Díaz plantou cara ao invicto e líder Burela, que cunha presión alta asfixiou a saída de balón das marinenses e tiña con Irene Samper as primeiras opcións de gol.

Pero o Marín tamén avisaba, aínda que con xogadas illadas, de que querían facerse coa vitoria por moi complicado que fose. Á contra por medio de Café obrigaba a Caridade a empregarse e, posteriormente e da mesma forma, María León disparaba, o balón quedaba solto e Ceci, desde o á dereita, superaba á ex do Poio Pescamar anotando o 1-0.

O Burela reaccionou cun tiro de Dany que se estrelou no lateral da rede de Silvia e, ao fío do descanso, Peque aproveitando unha mala saída de balón do Marín empataba o partido e deixaba todo por decidir na segunda metade.

Saíron con ganas os dous equipos do vestiario, imprimindo equilibro e igualdade nos primeiros instantes con ocasións e chegadas de perigo en ambas as porterías.

Pero unha vez alcanzado o ecuador, o duelo tivo unha única cor: o laranxa, e o Burela pasou como unha auténtica apisoadora sobre as marinenses. Primeiro co gol de Patricia despois dunha transición ofensiva tras roubo en cancha propia, e despois aproveitando o xogo de cinco do Marín para, con dous goles seguidos a porta baleira de Marcondes e Peque, sentenciar ás locais co 1-3.

Con todo, o castigo para da Raña non quedou aí, e Marcondes e Peque apareceron para asinar un dobrete cada unha e facer o 1-5 co que concluíu o derbi.

MARÍN FUTSAL (1): Silvia Aguete; Café, Ceci, Ale de Paz y Pau (quinteto inicial). También jugaron, Bea Mateos, Lara Balseiro, Adri, María León,

PESCADOS RUBÉN BURELA FS (5): Caridad; Dany, Jenny, Emilly Marcondes e Irene Samper (quinteto inicial). También jugaron, Cilene, Peque, Antía, Patricia y Jozi (segunda portera)

Incidencias: A Raña. Colegiados, Lidia Crespo y Borja Moreira.

Goles: 1-0, min. 12 Ceci 1-1, min. 19 Peque. 1-2, min. 31 Patricia. 1-3, min. 36 Emilly Marcondes. 1-4, min. 39 Peque. 1-5, min. 40 Emilly Marcondes