Exhibición do Cisne ante o Ibiza

Pontevedra
08 de febreiro 2025

O conxunto pontevedrés foi dono do encontro e deixou sen opcións ao conxunto balear, rival directo na zona media da clasificación

Partido entre Cisne e Ibiza no Municipal
Partido entre Cisne e Ibiza no Municipal / Dani Paredes / Club Cisne Balonmano

Segunda vitoria consecutiva para o Club Cisne Balonmán, que sumou dous importantes puntos fronte ao Ibiza, rival directo na zona media da clasificación.

O conxunto pontevedrés foi dono do encontro e superou ao seu rival en todas as facetas de xogo, sobre todo nunha brillante segunda metade.

O partido arrincou cun Cisne moi enchufado que inaugurou o marcador cos tantos de Mateo Arias e Manu Lorenzo.

Ao Ibiza, pola súa banda, custoulle atopar espazos entre a defensa cisneísta e tardou cinco minutos en abrir a lata.

Os brancos sigueron facendo das súas e encadearon unha serie de boas accións coas que se volveron a escapar en dúas ou tres goles, mentres os visitantes continuaban indo a remolque e tentando reducir a diferenza sen éxito (13-9).

Despois do paso polos vestiarios a tónica non cambiou e o Cisne mantivo a iniciativa tanto no xogo como no marcador grazas a unha gran intensidade en defensa que impedía o Ibiza atopar espazos para penetrar.

O cadro de Quiños, cómodo e cunha vantaxe de seis tantos ao nove minutos da segunda metade, baixou o ritmo de xogo, tomando o seu tempo nos ataques para transicionar e atopando o gol con moita facilidade.

Tentaron os de Baleares tirar de orgullo, pero non foi suficiente para recortar a diferenza xa que o Cisne, firme en defensa e ataque, encargouse de impedilo para facerse co triunfo por un contundente 31-20.

Consulta as estatísticas neste enlace.