O Leis Pontevedra FS volveu asinar unha nova exhibición lonxe de casa e continúa intratable no máis alto da clasificación, onde mantén unha renda de nove puntos sobre o seu inmediato perseguidor, O Esteo.
O conxunto pontevedrés volveu impor a súa lei cunha goleada por 1-5 ante un Guardo FS que segue antepenúltimo e encadea xa tres derrotas consecutivas.
O guion do partido tivo clara cor visitante desde o inicio. O Leis apropiouse do balón e atopou o premio cun tanto de Cley Nogueira ao catro minutos de xogo.
Só catro minutos máis tarde, Yeray Míguez ampliou a vantaxe, pondo o 0-2 e obrigando ao Guardo a remar contracorriente desde moi pronto.
Lonxe de afrouxar, o Leis mantivo o ritmo e a agresividade ofensiva. No minuto 14, de novo Yeray volveu ver porta para establecer o 0-3, e apenas dous minutos despois, Dani Álvarez fixo o 0-4 que deixaba o duelo practicamente sentenciado ao descanso.
Na segunda metade, o Guardo tentou reaccionar e logrou recortar distancias á media hora de xogo por medio de Felipe Otto, que fixo o 1-4.
Calquera mínima opción de remontar foi reducíndose co paso dos minutos e desapareceu por completo nos compases finais cando, a falta de dous minutos para a conclusión, Arturo Camiña culminou o choque asinando o 1-5 definitivo.
Na próxima xornada, o Leis recibirá no Pavillón Municipal ao Adc Lugo Sala, terceiro con trece puntos menos que os de Pontevedra.
Consulta a acta neste enlace