O Leis continúa vento en popa.
O conxunto pontevedrés logrou o seu primeiro triunfo do ano cunha contundente goleada ante o Noia por 6-3 e continúa co seu liderado no Grupo 1 de Segunda División B, acumulando 13 vitorias, un empate e só dúas derrotas.
Con este resultado, os pontevedreses afiánzanse no máis alto da clasificación, ampliando a súa renda ata nove puntos sobre O Esteo, segundo na táboa.
O partido comezou con dominio absoluto local. Apenas transcorrera un minuto cando Yeray Míguez abriu o marcador, adiantando o Leis na primeira acción ofensiva. Aos dez minutos, Aicardo asinou o 2-0.
O Noia reaccionou pouco despois cun tanto de Teo Gómez para recortar distancias, establecendo o 2-1 co que se chegou ao descanso.
Tras a continuación, o líder impuxo a súa pegada e ofreceu un auténtico recital goleador. Iván Domínguez fixo o 3-1 no minuto 24, e Said Lahmidi, no 28, ampliou a diferenza e Yeray transformou o 5-1 deixando o encontro practicamente sentenciado.
Aínda que o Noia respondeu de inmediato cun tanto de Nico Cuello (5-2), o Leis volveu golpear preto do final co 6-2 de Dani Álvarez, antes de que Óliver Chenel pechase o marcador co 6-3 definitivo.
Consulta a acta neste enlace