O Leis pechou o ano como líder sólido do Grupo 1 de Segunda División B tras superar con autoridade ao Atlético Benavente (6-3).
O equipo local saíu decidido a impor o seu ritmo desde o inicio e non tardou en porse por diante, cun tanto obra de Said Lahmidi no minuto 4.
O conxunto zamorano reaccionou co gol de Jonás Chávez aos 12 minutos e, xusto antes do descanso, Yeray Míguez afinou a súa puntaría de cara a portaría e devolveu a vantaxe ao seu equipo (2-1).
Na segunda metade, os pontevedreses non baixaron o ritmo e ampliaron diferenzas grazas a un tanto de Samu no minuto 25 que puña o 3-1.
O Leis, con confianza no seu xogo, continuou dominando e viu reflectida a superioridade no marcador a cinco minutos do final, cando Arturo Camiña fixo o cuarto tanto que parecía sentenciar o encontro (4-1).
Con todo, os últimos minutos foron de infarto e a gol por minuto. Víctor Montes recortou para os visitantes (4-2) e Cley Nogueira asinou o 5-2 segundos despois.
Said Lahmidi completou o seu dobrete co sexto tanto do Leis e, a falta de tres minutos, de novo Víctor Montes, desde o punto de penalti, transformou o 6-3 co que finalizou o enfrontamento.
O triunfo permite ao Leis despedir o ano 2025 no máis alto da clasificación con 37 puntos (12 vitorias, un empate e só dúas derrotas), seguido do Esteo, con 31 puntos, e o Atlético Benavente, con 27, segundo e terceiro respectivamente.
Consulta a acta neste enlace

Partido entre Leis Pontevedra e Atlético Benavente