A medida que se achega a cita, crece a expectación que rodea o partido que o vindeiro domingo 12 de abril (16.00 horas) disputarán no Estadio Municipal de Pasarón o Pontevedra Club de Fútbol e a Ponferradina.
A falta do duelo aprazado que os granates deben xogar este mércores en Getxo, o choque enfrontará a dous dos equipos que están inmersos na loita polo play-off de ascenso, cos bercianos terceiros con 47 puntos, un máis que os da Boa Vila.
Por iso e coa permanencia amarrada, trátase dunha xornada que pode ser decisiva para consolidarse na zona de promoción.
Ante esta situación, o Pontevedra decidiu pór da súa parte para que se viva o mellor ambiente posible no seu estadio, habilitando unha promoción para os seus abonados.
Os socios granates poderán retirar até dúas localidades para acompañantes a prezo reducido, de 5 euros nos fondos e Preferencia e de 10 euros en Tribuna, nunha promoción limitada a 500 entradas por cada bancada.
🎟️ 𝙀𝙉𝙏𝙍𝘼𝘿𝘼𝙎 | 𝙋𝙍𝙊𝙈𝙊 𝘼𝘽𝙊𝙉𝘼𝘿𝙊𝙎
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) April 6, 2026
Pasarón precisa da axuda da nosa xente 🏟️📢
👉 Ata dúas entradas dende 5€ para abonados
👉 Promoción valida online e en oficina #𝐆𝐑𝐀𝐍𝐀𝐓𝐄 ♥️#PrimeraFederacion | #VersusELearning pic.twitter.com/9LIWxPZN7U
Máis aló diso os prezos para este encontro serán os habituais da tempada: 25 euros en Tribuna, 20 euros en Preferencia e 15 euros nos fondos.
Pero non só a afección do Pontevedra empeza a mobilizarse para este partido, xa que en Ponferrada se prepara o desembarco dos seus seguidores e espérase un importante desprazamento á Boa Vila.
Empezarán este martes a vender as localidades do sector visitante.