Experiencia internacional para as grandes promesas da natación galega

Pontevedra
23 de xaneiro 2019

O nadador internacional austriaco Dinko Jukić, medallista europeo ou mundial e cuarto nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, compartiu unha xornada de adestramento con deportistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

Dinko Jukić (centro) no CGTD nun adestramento da Federación Galega de Natación
Dinko Jukić (centro) no CGTD nun adestramento da Federación Galega de Natación

O Grupo de Especial Seguimento da Federación Galega de Natación (FEGAN) recibiu nos últimos días unha visita especial, a do austríaco Dinko Jukić.

O nadador de orixe croata participou na xornada de adestramentos das grandes promesas da natación autonómica no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, cos que compartiu experiencias.

Non é cuestión menor, xa que Jukić é todo un campión europeo en piscina curta, medallista mundial e conta na súa  palmarés cun cuarto posto nos Xogos Olímpicos de 2012 na modalidade de 200 metros bolboreta.

Actualmente o deportista austríaco desenvolve o seu labor de adestrador en Bulgaria.

O Grupo de Especial Seguimento é unha iniciativa que impulsa a FEGAN co obxectivo de mellorar os hábitos de adestramento e a técnica nos diferentes estilos da natación dos nadadores e nadadoras autonómicas con maior proxección.

Entre os 28 deportistas seleccionados atópanse dous representantes do Club Natación Galaico pontevedrés, como son Alicia Bouzas e Pablo Martín.