O Club Natación Galaico volveu do Campionato de España de Natación Infantil de Inverno celebrado en Xixón coa satisfacción dos bos resultados conseguidos por unha das súas deportistas.
Alicia Bouzas foi a nadadora defendeu con nota ao conxunto pontevedrés, participando ata en cinco probas: 200, 400 e 800 libre, 400 estilos e 200 costas.
A xoven promesa do Galaico bateu neste campionato varias das súas mellores marcas e mesmo logrou un posto de finalista ao ser sétima nos 800 libre cun tempo de 9:24.10, sendo segunda entre as competidoras do seu ano (2005).
Ademais Bouzas venceu na final B dos 400 libre, noveno posto absoluto, cun tempo de 4:33.05.
En canto ás súas mellores marcas persoais, conseguiu melloralas nos citados 800 libre e tamén nos 400 estilos, cun 5:16.32 que lle valeu para ser cuarta na final B.