A XIV edición do Trofeo Internacional Promesas do Lérez organizado polo Club Natación Galaico resultou todo un éxito de participación no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños.
Na competición, para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín, déronse cita ata 400 deportistas de 15 clubs, dous deles chegados desde Portugal (E.D. Viana e Associaçao Estamos Juntos).
Este trofeo segue o formato dos campionatos galegos e de España en piscina de 50 metros para que os deportistas váianse adaptando aos retos que lles agardan no futuro. Así, disputáronse series eliminatorias pola mañá e finais pola tarde, con dez cales e cronometraxe electrónica, o que supón un maior aliciente para os mozos participantes.
Tras unha vibrante xornada, o vencedor final do trofeo foi o Club Natación Portamiña de Lugo (377 puntos), por diante do Pabellón Ourense (336 puntos) e o Real Club Náutico de Vigo (329,5 puntos) mentres que o Galaico pontevedrés foi cuarto (321 puntos).