Experiencia 'olímpica' en Manchester para os deportistas do Mat's

Marín
28 de abril 2021

Iván García e Arlet Ortiz, xunto con Pablo Patiño (Patiño Moaña), comparten estes días adestramentos co equipo olímpico do Reino Unido, unha concentración que lles serve para preparar a súa próxima participación no Campionato de España

Arlet Ortiz e Iván García, de concentración co equipo olímpico británico Club Deportivo Mat's

Non estarán en Tokyo, pero París 2024 aparece no horizonte como un soño non tan afastado para eles, e por iso calquera experiencia acumulada pode resultar moi valiosa.

Con esa idea o Mat's de Marín desprazouse ata a localidade inglesa de Manchester, convidados a unha concentración co equipo olímpico do Reino Unido.

Alí atópanse os deportistas Iván García e Arlet Ortiz, xunto a Pablo Patiño (Patiño Moaña) e Jesús Benito, técnico do Mat's.

Uns adestramentos de calidade dos que empaparse e de paso preparar a súa próxima participación no Campionato de España Sénior, mentres que por parte británica afinan a súa posta a punto para Tokyo.

Toda unha oportunidade para seguir mellorando para, nas súas próximas competicións, ir gañando postos no ranking dos seus respectivos pesos.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora