Experiencia para os adestradores da comarca no clinic de Nadal do CAB Pontevedra

Pontevedra
04 de xaneiro 2024

Un total de 60 adestradores e afeccionados ao baloncesto, a maioría da demarcación de Arousa e da provincia, gozaron da xornada de formación no IES Frei Martín Sarmiento en Pontevedra 

Clinic de Nadal do CAB Pontevedra CAB Pontevedra

O pavillón do  IES Frei Martín Sarmiento en Pontevedra foi o pasado 30 de decembro escenario dunha xornada especial, co clinic de Nadal organizado polo Club Amigos do Baloncesto CAB Pontevedra.

Na formación participaron 60 adestradores e afeccionados ao baloncesto, a maioría técnicos novos da demarcación de Arousa e a provincia.

Todos eles puideron gozar e aprender das experiencias e coñecementos de adestradores como Víctor Pérez, técnico axudante no Obradoiro da Liga ACB e que falou sobre o contraataque e sobre aspectos defensivos da Selección Española Sub-19.

Ademais Manu Santos, adestrador do CLB Vilagarcía impartíu unha formación sobre a progresión metodolóxica na forma de adestrar.