A Federación Española de Baloncesto (FEB) despediuse este luns do último representante español que competiu na primeira Copa do Mundo da historia, disputada en Bos Aires.
Trátase dun pontevedrés, Ángel González-Adrio, nado na Boa Vila no ano 1931 aínda que emigrado de pequeno a Arxentina.
Anos depsués, explica a FEB, regresou a España fincándose en Barcelona e militando en equipos como o Picadero e o RCD Espanyol.
González-Adrio faleceu en Barcelona aos 94 anos de idade.
Foi internacional absoluto por España en seis ocasiones, a primeira nun encontro amistoso e os restantes no propio Mundial.
O seu irmán Rafael, catro anos máis novo, tamén chegou a ser internacional absoluto entre 1954 e 1958, explica a Federación.
"A Federación Española de Baloncesto quere facer chegar, en nome de todo o baloncesto español, o seu máis sentido pésame aos seus familiares e amigos", conclúe o organismo federativo.
Ángel González-Adrio era o último sobrevivente daquela Selección Española que pasou á historia adestrada por Michael Rutzgis, e que completaban Eduardo Kucharski, Álvaro Salvadores, Joan Dalmau, Andreu Oller, Joan Ferrando, Arturo Imedio, Julio José Gámez, Domingo Bárcenas, Jaume Bassó, Ángel Lozano e Ignacio Pinedo.