Fernando Alarza, fichaxe de luxo para o Club Deportivo Pinarium de Marín

Marín
23 de xaneiro 2015

O triatleta internacional competirá en probas atléticas co club marinense, ao igual que outros deportistas de elite que adestran no grupo de Omar González como as irmás Melina e Camila Alonso, Irene Serrat e a toledana María Ortega

Fernando Alarza na Gran Final de Londres 2013
Fernando Alarza na Gran Final de Londres 2013

ÿ un club humilde. Empezou a súa andaina co atletismo e, pouco a pouco, foi ampliando as súas actividades cara ao ciclismo veterano, o tríatlon e as carreiras de montaña e sendeirismo.

Con preto de 200 deportistas federados, o Club Deportivo Pinarium de Marín deu un paso máis, incorporando para o seu club atlético varios triatletas de elite.

Entre eles encóntrase Fernando Alarza, campión do Mundo júnior de tríatlon en 2010, subcampión mundial sub-23 despois e actualmente un dos referentes nacionais nas Series Mundiais en busca da súa clasificación para Río 2016.

Alarza é un dos triatletas afincados en Pontevedra para adestrar co grupo de Omar González e que, para preparar a tempada de tríatlon e o seu asalto aos Xogos Olímpicos, participará da man do Pinarium en competicións de cross e atletismo en pista ao longo de toda a tempada.

Diego González: "Intentaremos darles la cobertura que necesiten dentro de un club humilde como el Pinarium"

A primeira desas probas será esta mesma fin de semana no Campionato Galego de Cross Curto que se disputa en Friol.

ÿ o reforzo máis destacado, pero entre as fichaxes do club marinense encóntranse outras figuras galegas e nacionais do tríatlon, como as irmás Melina e Camila Alonso, Irene Serrat e a toledana María Ortega.

Trátase tal e como explica o presidente do club, Diego González, de "darles la cobertura que necesiten dentro de un club humilde como el Pinarium".

Con esta colaboración Alarza, Serrat, Ortega e as irmás Alonso "aprovecharán el atletismo para coger la forma", sinala agradecido González coa ilusión de que a colaboración que "nació de una conversación mía con Omar" axude a promover a actividade dun club que presta gran parte dos seus recursos ao deporte afeccionado.