Festa de final de tempada para a sincronizada galega no Casino Mercantil

Pontevedra
24 de xuño 2016

As instalacións do Casino Mercantil en Mourente acollerán o vindeiro luns 27 de xuño o VIII Trofeo Concello de Pontevedra de Natación Sincronizada, que contará coa presenza de 350 nenas

Presentación do VIII Trofeo Concello de Pontevedra de Natación Sincronizada Mónica Patxot

As instalacións do Casino Mercantil en Mourente acollerán o vindeiro luns 27 de xuño o VIII Trofeo Concello de Pontevedra de Natación Sincronizada.

Será o "final de fiesta y temporada" para os clubs galegos, segundo sinalou a presidenta do Club Natación Sincronizada Pontevedra, Teresa Pérez.

En total reuniranse na cita 350 nenas de 5 a 17 anos, nunha competición que contará con nove clubs participantes: CNS Pontevedra, Galaico Sincro, Aguamarina, CN Coruña, Rías Baixas, Narón, Ourense Sincro, RCN Vigo e Aquatic Oleiros.

O torneo, que contará con exhibicións de equipos de nivel, desenvolverase en dobre sesión, de 11:30 a 13:15 horas pola mañá e de 16:30 horas a 18:45 horas pola tarde.

A entrada para o público será de balde.