Festival atlético para dar a benvida ao Nadal

Pontevedra
20 de decembro 2019

O Pavillón Municipal dos Deportes acolleu o tradicional festival de Nadal da escola municipal de atletismo  

Festival de Nadal da escola municipal de atletismo
Festival de Nadal da escola municipal de atletismo / Cristina Saiz

O Pavillón Municipal dos Deportes acolleu o tradicional festival de Nadal da escola municipal de atletismo.

Os pequenos atletas gozaron dunha xornada de exercicios e xogos xunto aos monitores da Sociedad Gimnástica, que tutela a escola.

Na exhibición puideron poñer en práctica moitas das cousas aprendidas desde o inicio do curso deportivo.

Con este evento a escola municipal despídese ata despois das festas do Nadal.