Fin á etapa de Ramiro Díaz no banco do Marín Futsal

Marín
14 de xuño 2024

Cambio de ciclo no Marín Futsal, que comunicou que o seu técnico as dúas últimas tempadas Ramiro Díaz non continuará no equipo

Ramiro Díaz, no partido de liga entre Marín Futsal e Ourense Envialia na Raña
Ramiro Díaz, no partido de liga entre Marín Futsal e Ourense Envialia na Raña /

Cambio de ciclo no Marín Futsal, que pon fin á etapa de Ramiro Díaz no banco da Raña.

O club marinense comunicou oficialmente a saída do adestrador, que dirixiu as dúas últimas campañas o equipo na Primeira División.

No seu primeiro ano ao mando, o Marín Futsal asentouse en media táboa logrando unha salvación folgada e sen abafos, ademais de conseguir clasificar o plantel para a fase final da Copa da Raíña. Con todo e tras un verán pasado movido pola saída de xogadoras importantes, o equipo baixou o seu rendemento e viviu unha campaña complicada sufrindo ata a última xornada de liga para salvar do descenso.

"Desde o club agradecemos a Ramiro estas dúas tempadas á fronte do primeiro equipo, o traballo realizado e a súa dedicación ao club", sinalou o Marín Futsal tras confirmar a noticia.