Fin de semana de baloncesto co XXII Torneo Cidade de Pontevedra do Arxil

Pontevedra
30 de decembro 2015

Ademais da competición senior feminina, cun dobre partido entre o Arxil de Liga Feminina 2 e o Vagos portugués, disputarase un torneo de base con cinco clubs participantes

Presentación do XXII Torneo Cidade de Pontevedra do Arxil
Presentación do XXII Torneo Cidade de Pontevedra do Arxil / Cristina Saiz

Os pavillóns Municipal, Universitario e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva serán escenario durante a fin de semana, os días 2 e 3 de xaneiro, do XXII Torneo Cidade de Pontevedra de baloncesto organizado polo Arxil.

Á competición senior, cun dobre partido entre o equipo de Liga Feminina 2 do Arxil e o Vagos portugués, súmase un torneo de base no que participan cinco clubs: o propio Arxil, San Joenense, Vagos, Carmelitas e Peixegalego.

As categorías de base do torneo serán a infantil, cadete e junior, cun calendario que se pode consultar na web www.arxil.es.

En canto á competición senior,  os partidos xogaranse o sábado 2 ás 19:30 horas no Pavillón Municipal e o domingo 3 de xaneiro ás 12:00 horas no CGTD.